martes, 27 de abril de 2021

2 MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR


Sónanvos estas palabras?..."Non fagas ós demais o que non queiras que che fagan a ti" Cantas veces o temos comentado!!!!

Como xa sabedes, un dos grandes problemas ós que nos enfrontamos hoxe en día nas escolas de todo o mundo é o acóso e violencia escolar, tanto física como psicolóxica, tamén coñecido como “  bullying”.
Segundo a UNESCO (organización das nacións unidas para educación, ciencia e cultura), un 30% dos estudantes de todo o mundo foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez. E España, lamentablemente, ocupa o cuarto lugar en casos de  bullying  a nivel europeo. Datos realmente preocupantes, verdade?
O papel que temos as familias xunto cos centros educativos é fundamental para previr e erradicar este fenómeno que afecta gravemente á saúde mental, á calidade de vida e ó rendemento académico das vítimas.
Por iso, é moi importante concienciar sobre este problema desde as idades  máis temperás educando  en valores sociais e morais positivos e estimulando unha boa autoestima.

Imos visionar esta curta con atención. 

 

Lou é unha curta de Pixar, que aborda o tema do  bullying, do acoso escolar, pero desde outra visión. Lou, un monstro de «obxectos perdidos» observa día a día o acoso escolar que sofren moitos nenos na hora do recreo. Un neno é o causante de todos os casos. Todos os recreos dedícase a roubar os obxectos doutros nenos. Pero un día o monstro dos «obxectos perdidos» daralle unha lección. Faralle probar a súa propia medicina, pero só para facerlle reflexionar e mostrarnos, que detrás dun neno acosador tamén hai unha problemática.

 Lou móstranos o motivo de porqué un neno convértese no malo da película. Co plan de Lou o neno reflexionará, e comprobará que ser bo ten a súa recompensa.

A través do curto Lou,  podemos traballar a EMPATÍA. O sentir como sente outra persoa é moi importante para evitar o acoso escolar. Doutra banda, traballar A TOLERANCIA, respectando as diferenzas. A COMUNICACIÓN dos problemas e a CONFIANZA para contalos é moi importante para detectar e afrontar un caso de  bullying. 

NUNCA NUNCA NUNCA MIRES PARA OUTRO LADO SE VES QUE ALGUÉN QUE TES CERCA TEN DIFICULTADES. A TÚA AXUDA É IMPORTANTE!!!! 👀

Rematamos cun rap de "El Langui" contra o acoso escolar...SE BUSCAN VALIENTES no que insta ó entorno de acosados e acosadores a impedir ese tipo de violencia...non miremos para outro lado!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario