xoves, 29 de novembro de 2018
luns, 26 de novembro de 2018
O ADXECTIVO
O adxectivo é un tipo de palabra variable que acompaña o substantivo e concorda con el en xénero e número.
Os adxectivos cualificativos expresan calidades ou características que se lles poden atribuír aos substantivos aos que se refiren.
Os adxectivos cualificativos expresan calidades ou características que se lles poden atribuír aos substantivos aos que se refiren.
Os graos do adxectivo
A calidade que expresa o adxectivo pódese manifestar en diversos graos: positivo, comparativo e superlativo.
- Grao positivo. É o grao no que está un adxectivo que expresa unha calidade ou estado sen matizar ningunha intensidade do mesmo. El é unha persoa interesante.
- Grao comparativo. Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade coa que dous substantivos posúen a mesma calidade: Este chiste á máis divertido ca o anterior.Pode ser:
- de igualdade: as dúas calidades posúense no mesmo grao. Os contos son tan interesantes coma as novelas.
- de inferioridade: unha calidade posúese en menor medida ca a outra. Os contos son menos interesantes ca as novelas
- de superioridade: unha calidade posúese en maior medida cá outra. Os contos son máis interesantes ca as novelas.
Lembra que os adxectivos grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo presentan formas para o comparativo específicas, que son: maior, menor, mellor, peor, superior e inferior, respectivamente.
- Grao superlativo. Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu maior grao: Estou esgotadísima. Pode formarse:
- engadíndolle ao adxectivo o sufixo –ísimo (ou –érrimo nas formas cultas): El é intelixentísimo.
- antepoñendo o adverbio moi ó adxectivo: El é moi intelixente.
Igual ca no caso do comparativo, tamén existen no superlativo formas propias para os adxectivos grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo, que son: máximo, mínimo, óptimo, pésimo, supremo e ínfimo, respectivamente..
venres, 23 de novembro de 2018
25 N-DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Toda a semana horas de ler traballamos este tema . Lemos e escribimos palabras contra a violencia, vimos vídeos do tema, coñecemos a historia das irmáns MIRABAL, pegamos na aula, nos corredores e na entrada do Centro pancartas e carteis.
A petición do Equipo de convivencia fixemos bolboretas con lemas dentro ( Sabemos que ás irmáns Mirabal lles chamaban as irmáns Bolboreta) que pegamos, uníndonos ás do resto do Centro, nun gran mural ubicado no Salón de actos.
Mara e Brais, prepararon unha fermosa escenificación para presentar o acto.
Mirade que ben o fixeron!!!! Moitos parabéns!!!!
No Salón de actos vimos dúas curtas relacionadas co tema:
*SUPERLOLA
*A PELUCA DE LUCA
E para rematar o acto, fixemos fotos levantando as pancartas para facer visible que o noso cole é...
Aquí quedan máis imaxes:
Na aula tamén fixemos algunhas fotos:
martes, 20 de novembro de 2018
domingo, 18 de novembro de 2018
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Adicaremos esta semana nas horas de ler a falar sobre este problema de distintos xeitos, dispost@s a aportar o noso gran de area para contribuír a rematar con este problema. É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela.Só educando en igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas, estaremos contribuíndo a eliminar esta lacra.Moi atent@s....por que este día?
Lemos...e reflexionamos....
AS ZAPATILLAS DEPORTIVAS DE SOFÍA (Calca na frecha para ver a pantalla completa)
AS NENAS PODEN.Campaña que nos invita a tod@s para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non?
xoves, 15 de novembro de 2018
CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET
Interesante charla (un pouquiño longa...) a que nos ofreceron desde o programa NAVEGA CON RUMBO (queda no blog un acceso a este programa para o alumnado, pero tamén para as familias) nas que nos espuxeron os usos que podemos facer de internet...
Pero tamén os perigos ós que estamos expostos...
Así de atent@s estivemos:
mércores, 14 de novembro de 2018
XÉNERO E NÚMERO DOS NOMES
A maioría dos substantivos poden aparecer en singular ou en plural, pero hai que ter en conta as seguintes consideracións:
- Algúns substantivos só se empregan en singular: norte, sur, leste, oeste, babor, estribor, maio, xuño...
- Outros só se usan en plural: cartos, cóxegas...
- Outros, rematados en –s ou –x, teñen a mesma forma para o singular e o plural: o luns-os luns, o martes-os martes, o oasis-os oasis, o paraugas-os paraugas.
- Hai substantivos que teñen significado diferente en singular e plural: o miolo(a miga do pan) -os miolos( cerebro)
IMAXES DO MAGOSTO
Día soleado para celebrar unha das nosas festas máis populares...o magosto!!!!
Castañas asadas con paciencia e cariño....moita fame e gañas de pasalo ben!!!!
Aquí deixo as imaxes que o demostran:
luns, 12 de novembro de 2018
NOME OU SUBSTANTIVO
Os substantivos son palabras que nomean persoas, animais, cousas, plantas, ideas, sentimentos...
Morfoloxicamente caracterízanse porque presentan variacións dependendo do xénero e do número e adoitan ir acompañados dalgún artigo ou determinante.Ex: MESA: a mesa, unha mesa, esta mesa...
TIPOS:
sábado, 10 de novembro de 2018
MURAL PARA O MAGOSTO
Aínda que o tempo non axudou e non puidemos celebrar o magosto, si que lemos, estudamos e recitamos ditos, canción e poesías relacionados con el.
Logo escribímolos nunha folla de castiñeiro, de papel claro!!!!
Tamén, e coa axuda da profe Rebeca na hora de plástica, pintamos unhas castañas xigantes que perfilou a profe Linda.
E...xuntamos todo e para que luza así de ben no mural da entrada do cole.
martes, 6 de novembro de 2018
luns, 5 de novembro de 2018
O MAGOSTO
Esta semana se o tempo o permite, celebraremos tod@s xuntos unha das festas máis populares de Galicia....O...
Primeiro imos descubrir cousas das castañas que seguro que descoñecemos.
Unha nena algo máis maior que vós fixo esta presentación que quero compartir :
E agora....necesitaremos:
ADIVIÑAS, DITOS E CANTIGAS:
As castañas en Galicia. Escoitade e observade:
Para rematar....un rap!!!!
FELIZ MAGOSTO NEN@SSSSS!!!
xoves, 1 de novembro de 2018
IMAXES DO SAMAÍN
E....chegou o día!!!!
Todos disfrazados para celebrar esta festa que tanto nos gusta!!!!
Así chegamos á aula despois dunha entrada terrorífica preparada polas profes do Equipo de Extraescolares...terrorífica, chea de sons, música, berros, sustos....
Aquí están as cabazas coas que participamos na exposición:
E...estas foron as fotos de grupo que nos fixo a profe Linda...
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)









































