A coma (,)
Representa na escrita a pausa breve que facemos cando falamos. Utilízase nos casos seguintes:
Para separar os elementos dunha enumeración. Ex: Mercou unha bolsa de patacas, un quilo de feixóns, dúas bolas de pan e medio quilo de cenorias.
Para indicar que se chama directamente por alguén. Os substantivos van seguidos de coma se están en principio de frase. Ex: Antón, dime a onde vas // Antía, que queres facer agora?
Nos incisos que interrompen un enunciado, para aclarar ou ampliar o que se di, ou para mencionar o autor ou obra citados. Ex: A autora de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro, viviu no século XIX. // Todos os seus amigos, incluídos os da infancia, acudiron ao seu aniversario.
Nos enderezos, para separar o nome da rúa do nº e piso. Ex. Rúa Rosalía de Castro ,nº 3, 3ºA
Nas relacións alfabéticas por apelidos. Ex: Costas Álvarez, Ledicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario