xoves, 28 de xaneiro de 2021

DETERMINANTES INDEFINIDOS

 Os determinantes indefinidos acompañan un nome  indican unha cantidade, pero de xeito impreciso.


IndefinidoExemplo
un/unsuns papeis
unha/unhasunha pomba
algún/algúnsalgún tipo de viño
algunha/algunhasalgunha vez
outro/outrosímos ir outro día
outra/outrasna outra beira

Poden ter forma variable (con terminacións de xénero e número) ou invariable:


variables
moito, moitos, moita, moitas 
pouco, poucos, pouca, poucas
varios, varias
bastante, bastantes
abondo, abondos, abonda, abondas
ningún, ningúns, ningunha, ningunhas
tal, tales
tanto, tantos, tanta, tantas
todo, todos, toda, todas


invariables
algo, nada, dabondo, alguén, ninguén, cadaquén, calquera, mesmo


Contraccións

Estas formas contraen con deenconesteese e aquel:

 ununhaunsunhas
dedundunhadunsdunhas
ennunnunhanunsnunhas
concuncunhacunscunhas


 algúnalgunhaalgúnsalgunhas
dedalgúndalgunhadalgúnsdalgunhas
ennalgúnnalgunhanalgúnsnalgunhas


 outrooutraoutrosoutras
dedoutrodoutradoutrosdoutras
ennoutronoutranoutrosnoutras
esteestoutroestoutraestoutrosestoutras
eseesoutroesoutraesoutrosesoutras
aquelaqueloutroaqueloutraaqueloutrosaqueloutras

Ningún comentario:

Publicar un comentario