xoves, 17 de febreiro de 2022
11F. JANE GOODALL. MULLER PIONEIRA
mércores, 9 de febreiro de 2022
11 F: MULLER E NENA NA CIENCIA
1-. Científicas italianas que estudan como deter a propagación da Covid.
2-. Elisabeth Blackburn, Bioquímica australiana ganadora do Nobel de Medicina.
3-. Angeles Alvariño de Ferrol. Precursora da investigación oceonográfica mundial.
4-. Luz María Alonso de México é unha Experta robótica.
5-. Ada Lovelace de Reino Unido. Considerada a 1ª programadora.
6-. Hipatia, procedente de Egipto. Podemos dicir que foi a 1ª matemática.
7-. Tebello Nyokong de Sudáfrica. Decíanlle que a ciencia sería moi difícil para ela, pero o seu convencimento convertiuna nunha grande quimíca.
8-. María Manuel Mota de Portugal creou un kit para detectar o coranovirus.
9-. Paola Vega Castillo. 1ª Doutora en electrónica de Costa Rica.
Aquí tedes a:
FUTURO:
JANE GOODALL
A vida de Jane Goodall
Si vos gustan os monos, os chimpancés e os gorilas entón tedes que coñecer a apaixonante figura de Jane Goodall. Esta británica é primatóloga e antropóloga, é dicir, dedícase a estudar aos primates e o seu comportamento.
Imos coñecer algo máis da súa historia para saber que a levou a ser un personaxe tan recoñecido.
Jane Goodall naceu en 1934 en Londres (Reino Unido). Viviu a súa infancia e mocidade rodeada de animais e soñando con escribir sobre a fauna de África. Aos 23 anos viaxou a Kenia e despois a Tanzania. Alí tivo que investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes. Acompañada da súa nai e dun cociñeiro, plantou a súa tenda na selva e comezou o seu proxecto. De feito, é un traballo que aínda hoxe non terminou, tras máis de 58 anos de investigacións sobre os primates. Tivo que viaxar coa súa nai porque as autoridades británicas non lle permitían vivir alí soa. Entre outras cousas, descubriu que os chimpancés constrúen e utilizan ferramentas para capturar termitas e comerllas. Tamén descubriu que comen de todo, mesmo carne, xa que ata entón pensouse que eran herbívoros. Por todo iso, Goodall é a maior experta do mundo en chimpancés. Coñece a súa conduta ao detalle e no seu extenso traballo estivo acompañada doutros investigadores do instituto que leva o seu nome.
Jane Goodall publicou xa máis de 26 libros, artigos científicos e participou en máis de 20 producións para cinema ou televisión. O seu traballo foi clave tanto para coñecer a vida dos chimpancés como para conseguir que se respecte a estes animais e protexelos entre outros perigos da caza furtiva. É, de feito, unha das mulleres científicas máis importantes do século XX. Recibiu máis de 100 premios internacionais, incluído o Premio Príncipe de Asturias de Investigación en 2003. Jane Goodall sempre loitou para conseguir unhas mellores condicións de vida para os primates nos zoos de todo o mundo e contra o comercio ilegal e os experimentos con estes animais.
Imos debuxala para agasallala neste...
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA
Aquí quedan moitas IMAXES e tamén CARICATURAS
Cal che gusta?
martes, 23 de febreiro de 2021
NENA E MULLER NA CIENCIA
Para dar visibilidade a mulleres que de adican a tarefas científicas...Programadoras, tecnólogas, enxeñeiras, farmacéuticas, e todas as traballadoras con formación en ciencias ou tecnoloxía, fomos analizando información onde vimos mulleres reais que foron o que quixeron ser.💁
CLICA: 11 FEBREIRO.DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA
domingo, 7 de febreiro de 2021
11 FEBREIRO.DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA
Para dar visibilidade ó labor científico das mulleres e potenciar que as nenas estuden na rama de ciencias, cada 11 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E DAS NENAS NA CIENCIA. O seu obxectivo é pechar a brecha de xénero que actualmente existe no ámbito científico.
As mulleres que se visibilizan son mulleres de éxito, con expedientes académicos brillantes, mulleres sen dúbida excepcionais. Con todo, debemos ir máis aló. Temos que visibilizar outras mulleres que tamén poden ser referentes para moitas nenas e nenos. Programadoras, tecnólogas, enxeñeiras, farmacéuticas, e todas as traballadoras con formación en ciencias ou tecnoloxía. Porque ás veces, esas mulleres superheroínas quédannos moi lonxe, e pode ser que as nenas non se identifiquen. Temos que mostrar ás crianzas mulleres próximas, científicas de andar por casa.
Imos ver e reflexionar sobre varias cousas...para que vexades exemplos de mulleres reais que foron o que quixeron ser para que todas poidades alcanzar os vosos soños💁
SON UNHA NENA...DE MAIOR QUERO SER?
A primatóloga e antropóloga Jane Goodall caracterízase polo seu constante estudo dos chimpancés e polo seu incansable traballo para o benestar animal.





















