As preposicións son palabras invariables que servan para relacionar palabras ou grupos de palabras de forma que unha complementa a outra. As principais preposicións son: a, agás, ante, ata, baixo, canda, con, contra, de, deica, desde (dende), durante, en, entre, excepto, malia, onda, para, perante, por, salvo, segundo, sen, sobre, tras, xunta.
As conxuncións son palabras invariables que serven para relacionar dúas ou máis oracións, ou palabras que teñen a mesma función dentro da oración. Algunhas das súas formas son: e, mais, nin,ou, aínda que, pero, senón,xa...
As interxeccións son palabras invariables que serven para expresar emocións ou para chamar a atención e que equivalen a un enunciado. Sempre van acompañadas dun signo de exclamación: ah! , ai! , oxalá! .
Ningún comentario:
Publicar un comentario