Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS AULA 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS AULA 6º. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de decembro de 2023

PANXOLIÑA: CHEGARON A PÉ

A profe Virginia de música pídenos que practiquemos esta panxoliña que cantaremos, como parte da obra de teatro que
estamos ensaiando en Proxecto, no festival de nadal .

 

venres, 1 de setembro de 2023

NOVO CURSO ESCOLAR 2023/2024

 Queridas nenas e nenos...de 6º!!!

 O verán pasou moi depresa . Espero que o pasárades ben, e que fixérades miles de cousas diferentes. Así que, chega o momento de volver ó cole.

 Este non é un ano coma outros porque será o voso último ano na Sangriña. Rematades a primaria e imos prepararnos para acceder ó IES, á Secundaria.

Xuntos imos percorrer este camiño . Estou moi segura de que o faredes moi moi ben. Ánimo !!!

Aquí vos deixo o calendario escolar para este curso:

mércores, 8 de xuño de 2022

VISITA IES A SANGRIÑA

Asistimos a unha xornada de convivencia, que temos por costume facer no Centro na fin da primaria. E...como ese día está próximo, alá fomos.

Recibiunos a orientadora Ángeles Martínez no salón de actos:



Alí explicáronlles o funcionamento do Instituto: horarios, materias que van cursar...Todo isto que se ve na  presentación  coa petición expresa de que as familias visen o vídeo do final.
Logo chegou a vicedirectora, Nuria Vazquez que nos fixo unha visita guiada moi interesante polo IES. Fomos descubrindo de abaixo a arriba, patios, ximnasio, pavillón, laboratorios, aula de música, de plástica, Biblioteca, aulas de ciclos...
Unha visita moi interesante. Graciñas

venres, 6 de maio de 2022

CINE EN IGUALDADE:VALENTINA

Invitados polo Concello da Guarda,  asistimos á proxección da película VALENTINA no Centro Cultural.


É unha aventura de animación musical cunha nena con síndrome de Down como protagonista. 

A voz de Valentina foi interpretada pola nena Julia Seren con síndrome de Down.


Foi merecedora este ano dun premio Goya á mellor película de animación.

Este é o seu trailer:

xoves, 21 de abril de 2022

SORPRESA NA AULA!!!

 Hoxe tivemos unha visita na aula, ÁNGELA da aula de infantil de 5 anos e  irmá do noso César trouxo da súa casa unha caixa misteriosa para a súa clase e propúxolle a César subir á nosa aula a ensinala...

Dito e feito!!! Chegaron todiñas as nenas e nenos de 5 anos co seu profe Jose. Empezaron a contarnos todo o que sabían desa cousiña que estaba na caixiña...Carai!!! si que saben estas nenas e nenos...cantas pistas!!!


Que será será???

Misterio desvelado!!!! Dende Camposancos chegou este animaliño que Ángela nos foi ensinando a cada un...



Que chulada!!! A lección máis importante chegou do profe Jose que nos recordou que tiñamos que protexer estes animaliños xa que son moi beneficiosos.
E... de volta para a caixa e para Camposancos...

MAGNÍFICA EXPERIENCIA!!!! MIL GRACIÑAS!!!

venres, 11 de febreiro de 2022

DESEÑA O TEU DISFRACE SEGURO

A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo pon en marcha o concurso de Entroido "Deseña o teu disfrace seguro" para 6º de primaria. 

Como nos pareceu unha idea ben interesante, imos participar. No arquivo adxunto tedes toda a información.

BASES CONCURSO "DESEÑA O TEU DISFRACE SEGURO"

A primeira parte do concurso, iniciouse hoxe cunha charla que nos impartiu hoxe unha técnica do Instituto Galego de Consumo.






Falounos de como debía ser a etiqueta do noso disfrace para ter un entroido seguro. Unha vez oído e entendido o que explicou, pómonos en marcha!!!!

1) Debuxamos o noso disfrace coa técnica que desexemos.
2) Facemos a nosa etiqueta 
3) Enviamos

MOITA SORTE!!!!!

sábado, 8 de xaneiro de 2022

ANO NOVO...TRIMESTRE NOVO!!!

 Queridas nenas e nenos:

Espero que tivésedes unhas felices festas e que  descansárades mooitooo para coller enerxía e poder afrontar con ilusión e moitas gañas este segundo trimestre...

Ademáis a pandemia non nos dá respiro e debemos seguir con máis forza cumprindo todas as medidas...distancia, máscara, lavado de mans para poder derrotala dunha vez!!!! 

 Empezamos 3, 2, 1... Imos!

mércores, 8 de decembro de 2021

CUESTIONARIO DIXITAL

O  centro decidiu utilizar SELFIE, unha ferramenta en liña que vos permite dar a vosa opinión sobre como se utilizan as tecnoloxías, tales como ordenadores, internet, teléfonos intelixentes e outros dispositivos, no centro.


SELFIE recolle as respostas e comentarios ofrecidos por cada un de vós na enquisa e utilízaos para xerar un informe que pode axudar ao centro para entender que é o que funciona ben e que podería facerse doutro xeito.

As preguntas organízanse en diferentes seccións e deberás responder a cada pregunta atentamente elixindo a afirmación que mellor describa o que pensas.

SELFIE mantén a confidencialidade da información e todas as túas respostas son completamente anónimas

A aplicación indica que aproximadamente tardarás 25 minutos en facelo. Debes ter en conta que unha vez accedas so disporás de 2 horas para remátalo.

 Este é o enlace para acceder: 

ENLACE PARA ACCEDER

xoves, 25 de novembro de 2021

EXPERIMENTOS DE CIENCIA

 Organizados pola Biblioteca do Centro, asistimos hoxe a un obradoiro de Ciencia.

Foron impartidos por Lucía, mamá de tres alumnos do Centro.


O primeiro que nos dixo foi que deberíamos ter moita curiosidade. Falounos e ensinounos  libros...gordos e cheos de información que estudou na súa carreira de Enxeñería ...de libros que hai nas Bibliotecas dos Centros para que esa ciencia chegue ás idades máis cativas e vaiamos formándonos e coñecendo cousas...e finalmente de libros dixitais que forman parte das novas tecnoloxías e que, por idade, resultan máis atractivos.




Sen perder o interese e che@s de intriga, comezaron os experimentos...
 Este foi o primeiro... Como nos contou que non eran inmediato ver os resultados finais...ensinounos o resultado final do experimento feito no día anterior con outro curso...sorpresa de cores!!!!


Seguimos...  ...vela e osíxeno!!! Caras de abraio...ohhhh


Mesturas que non se xuntan!!!! Atención e expectación!!!!

Lucía deixounos tamén títulos de programas de Ciencia que nos gustarían...por exemplo:
¿CÓMO LO HACEN?...Xa que se achega o Nadal...

 
GRACIÑAS ÁS ORGANIZADORAS E ESPECIAL MENCIÓN A LUCÍA POR ACHEGARNOS A CIENCIA Á ESCOLA!!!

martes, 7 de setembro de 2021

PRIMEIRAS NOVIDADES DO CURSO

 Ola nenas e nenos:

Sigo perfilando cousiñas para que teñades todo preparado o xoves para a tan desexada volta ás aulas para reencontrarvos cos compis e coñecer nenos novos, que os hai.

Adiantarvos que seguiremos coas medidas COVID do curso pasado. Estaredes nos puntos nos que estaban os de 6º o curso pasado...xa sodes os/as maiores!!! Tamén que seguiremos cos grupos burbulla e coas medidas de hixiene, de distancia social, ventilación e máscara obrigatoria.

Aquí vos deixo o horario para que o vaiades vendo...


E tamén o calendario escolar...

Vémonos mociñas e mociños, o xoves!!!!

domingo, 5 de setembro de 2021

NOVO CURSO

 Queridas nenas e nenos:

Xa estamos en...


Espero que descansárades moooitooo porque chegou o momento de afrontar o voso derradeiro curso de Primaria. Así que cheiñ@s de enerxía, forza,de cousas positivas, de gañas de facer, de traballar,de aprender cousiñas,de reencontrarse cos compis e coa profe...imos comenzar!!!!
Así que...