Aquí deixamos uns recursos para que investiguedes aspectos relacionados coa paz...

Aquí deixamos uns recursos para que investiguedes aspectos relacionados coa paz...


É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira encartar 644 grúas de papel. Simbólicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.
O 30 de Xaneiro, celébrase o DÍA DA PAZ. Nós levamos un par de semaniñas traballando distintos aspectos deste tema:
1)Recordamos o motivo da celebración, buscamos palabras de paz... Así o reflexamos no blog...PAZ
2) Debuxamos: pombas, símbolos de paz, mandalas.
É un dos símbolos máis coñecidos. Deseñouno Gerald Holtom en 1958 para apoiar o movemento de desarmamento nuclear británico. Posteriormente, o seu significado estendeuse ao sentido máis xeral de paz co que se interpreta hoxe.
Levamos xa varios días traballando aspectos e conceptos relacionados coa paz: escoitamos cancións, reflexionamos sobre curtas,definimos a paz, fixemos as palabriñas para as nosas lambetadas da paz...
O alumnado de valores foi o encargado de facer as actividades plásticas: papiroflexia para facer pombas e grullas, poesías e debuxos...
Cousiñas bonitiñas que queremos mostrar en imaxes...son uns artistas!!!!
VERDAD QUE SERÍA ESTUPENDO-CÓMPLICES
Faría falta:
-Un rolo de cartón do papel hixiénico.
-Un prego de papel
seda, tamaño folio...ou o papel que elixa a profe Lorena (farédelo en plástica)
-Unha etiqueta de
papel.
-Pegamento.
En que consistiría a actividade?
Cada un de vós envolvería o seu caramelo. Despois escribiría na etiqueta o nome do caramelo e
os ingredientes. Serían ingredientes especiais, para suavizar e dar amor. Unha
variante: tamén se pode poñer o nome do caramelo e que efecto exercería na
persoa que o tomase, coma se fosen medicinais e
balsámicos. Farémolo nas horas de ler
O propio día da paz (Venres 29), levarédelo para a casa parta agasallar ás vosas familias.
