Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA DISCAPACIDADE.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA DISCAPACIDADE.. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de decembro de 2021

3 DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Todos somos diferentes pero ó mesmo tempo iguais. Somos diversos e únicos.

Como di Ángela Carolina Aguilera (poeta invidente): 
"As persoas con discapacidade non somos nin temos capacidades diferentes.
Todos, con o sen discapacidade temos capacidades diferentes, e si, somos diferentes, como o son cada ser humano, que é único e valioso nas súas distintas diferenzas"



UNHA CURTA PARA REFLEXIONAR...
O agasallo. É unha curtametraxe alemá que foi gañadora de máis de 50 premios en diferentes festivais de cinema. Cóntanos unha conmovedora historia, que reflexiona sobre a importancia das cousas sinxelas, a aceptación e o amor propio. Os protagonistas son un neno amante dos videoxogos e un pequeno can cunha extremidade menos, que lle regala a súa nai. 

mércores, 2 de decembro de 2020

3 decembro: DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Unha persoa con discapacidade ten algunha limitación física ou mental para realizar actividades na casa, na escola ou no traballo, como camiñar, vestirse, bañarse, ler, escribir, escoitar, etc. Por exemplo:



Todos os nenos e nenas deben ter as mesmas oportunidades de estudo deseñadas para contemplar as diversas necesidades individuais, ou sexa, unha educación inclusiva ou incluinte.

A educación inclusiva significa que todos os nenos e nenas , con e sen discapacidade ou dificultades, aprenden xuntos nas diversas institucións educativas (infantil, primaria secundaria e universidades) .




Imos visionar unha curta imprescindible para comprender que é a diversidade e como debemos actuar para favorecer a vida daquelas persoas que teñen máis dificultades.

“Ian” comezou a súa viaxe no Festival de Cinema de Cannes e desde entón a curtametraxe gañou tres premios á Mellor Animación e á Mellor Curtametraxe, e foi seleccionado en máis de vinte festivais.


O equipo de extraescolares para concienciarnos a tod@s e meternos na pel das persoas con discapacidade, propuxo facer unha subida por parellas, privando a un membro do sentido da vista (ollos vendados) e o outro debía guialo ata a aula. Na subida do recreo, intercambiaron os papeis.
Logo comentamos as sensacións que cada unha /un tivo...Unha actividade moi necesaria!!!
Aquí deixo algunhas imaxes: