Todos somos diferentes pero ó mesmo tempo iguais. Somos diversos e únicos.
Como di Ángela Carolina Aguilera (poeta invidente):
"As persoas con discapacidade non somos nin temos capacidades diferentes.
Todos, con o sen discapacidade temos capacidades diferentes, e si, somos diferentes, como o son cada ser humano, que é único e valioso nas súas distintas diferenzas"
UNHA CURTA PARA REFLEXIONAR...
O agasallo. É unha curtametraxe alemá que foi gañadora de máis de 50 premios en diferentes festivais de cinema. Cóntanos unha conmovedora historia, que reflexiona sobre a importancia das cousas sinxelas, a aceptación e o amor propio. Os protagonistas son un neno amante dos videoxogos e un pequeno can cunha extremidade menos, que lle regala a súa nai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario