O venres para rematar coas actividades do 25N recibimos na aula a YOLANDA traballadora social do CIM no Concello da Guarda.
Empezou contando a que se adicaba e que significaba CIM...
O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DA GUARDA (CIM) é un servizo público e gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades e demandas concretas que se lles presentan ás mulleres.O CIM ten ámbito comarcal polo que atende a todas as mulleres da Comarca do Baixo Miño (Concellos da Guarda, Tomiño,O Rosal, Oia e Tui).
A charla comezou co concepto que nenas e nenos tiñan de IGUALDADE...na casa, na escola, no patio...e continuou con aspectos relativos á VIOLENCIA DE XÉNERO. Logo visionamos e comentamos un par de vídeos do tema .
Resultou moi interesante e axudou ó alumnado a ter a visión unha persoa que traballa no tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario