Amosando publicacións coa etiqueta Coñecendo o noso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coñecendo o noso. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de febreiro de 2023

O CASTRO DE SANTA TREGA

 Aquí deixo varios enlaces para consultar:

                    CASTRO DE SANTA TREGA WIKIPEDIA 

                    CASTRO SANTA TREGA. VIAXES

                    VIVE O CAMIÑO. A GUARDA.SANTA TREGA

                  GALICIA MÁXICA.SANTA TREGA

                           AS VIVENDAS CASTREXAS. SANTA TREGA

                     IMAXES CASTRO SANTA TREGA    


Neste vídeo recréase a súa historia:



Nestoutro vemos como é hoxe dende o aire:

 

E agora...a traballar!!!

Despois de ler todos os enlaces que aparecen na entrada, de ver as fotos, ides contestar a estas preguntas. Non esquezades... 

*Boa redacción
*Sen faltas de ortografía
*Insertando fotos
*Boa presentación: Arial 12/14 e xustificado.
*Nome, apelidos, curso no fondo dunha  portada bonita.


1) Onde se atopa?
2) Cando se descubriu e se comezou a escavar?
3) Como era a súa defensa?
4) Como eran as vivendas? Exterior e interior. Explicade cada unha.
5) Ata cando foi o seu apoxeo?
6) Conclusión: curiosidades que queiras contar.

Teredes todas as horas de C.Naturais desta semana para facelo e as horas de ler tamén.

Ánimooo!!!!

mércores, 27 de outubro de 2021

VISITA CASTRO SANTA TREGA

 Nun día espléndido, algo de néboa que logo despexou e acompañados da profe Linda e do profe Jorge iniciamos a subida... unha visita tan esperada que quedou aprazada desde finais do curso pasado polo mal tempo...alá imos...


Cerca do Castro paramos nun dos miradores e fixemos a fotiño de grupo...



A paisaxe é unha marabilla e gozamos moitoooo.

Xa arriba, paramos a merendar e descansar esperando polo noso guía , Javier Crespo, profesor de historia di IES A Sangriña...e comezou a explicación...


Moi atentas/os e preguntando cantas curiosidades nos ían xurdindo fomos aprendendo a historia do poboado castrexo. 
Como nos falou do CASTRO MERGELINA restaurado recentemente, dispuxémonos a visitalo e coñecer in situ o que nos estaba explicando. 



Moi contentas/os con esta experiencia, iniciamos a baixada ó cole...

FERMOSA EXPERIENCIA. GRACIÑAS!!!

domingo, 24 de maio de 2020

A GUARDA, A NOSA VILA

Ola mociñ@s:

Estou moi agradecida e emocionada porque estou recibindo ,en xeral, uns traballiños das Casas Indianas e antes do Castro de Santa Trega  moi ben feitiños. 

Espero que disfrutárarades facéndoos e aprendendo moitas cousas do sitio no que vivides. É o que eu chamo..."Coñecendo o noso" as nosas raices, os nosos antepasados, a nosa lingua...temos o deber, a obriga o o gusto de coñecelo.

Agora, tal como vos fun dicindo a cada un...recomendo un paseiño en familia para que desfrutedes e vaiades vendo o que estudastes.

O noso compi Brais, envíame este vídeo de fotos antigas da Guarda que quero compartir con vos e coas vosas familias:


E eu, déixovos este da Guarda máis moderna...

domingo, 17 de maio de 2020

CASAS INDIANAS

Imos seguir coñecendo o noso...cousas da Guarda o noso pasado e presente. Agora imos investigar as Casas indianas que as vedes repartidas por todo o Concello.

 Inserto varios enlaces, vídeos, imaxes e información.
Lede con calma todo o exposto porque teredes que facer un traballiño.


O vídeo presenta diferentes exemplos de vivendas indianas edificadas na localidade galega da Guarda. O termo «Indiano» designaba a calquera emigrante que abandonara España e que lograra facer fortuna en América do Sur (especialmente no Brasil, Cuba, Arxentina, Uruguai, Chile, Venezuela ou México) a finais do século XIX ou a inicios do XX. De volta adquirían e restauraban antigas mansións señoriais ou construían novos palacios nun estilo colonial moi colorido facendo gala da súa nova condición social. Adoitaban plantar palmeiras no seu xardín como símbolo da súa aventura transatlántica. Orixinarios principalmente de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña e Canarias, os indianos caracterizábanse tamén por ser grandes mecenas. Subvencionaban a construción de escolas, igrexas, casas dos concellos, hospitais, etc.…







Tal como fixestes co Castro, déixovos unhas preguntas para contestar...ben redactadas con imaxes. Revisade toda a información. Non contestedes co que pon no primeiro enlace, védeos todos. Non é preciso copiar as preguntas, pero se non o fas, redacta ben, con sentido.

 Facede primeiro en sucio. Relede para ver o incorrecto e os fallos que tivestes no dos Castros non os volvades pór...xa vos contestei a cada un/unha.



1) Que son? Por que se chaman así?
2) Cando se construiron e por que?
3) Todas eran para vivir familias? Usos
4) Tipos
5) Materiais empregados na súa construción
6) Distingue e comenta algo de cada unha, situando os paises:
*casas brasileiras
*casas de Porto Rico
7) A casa máis famosa da Guarda é a que vedes na imaxe. A que estaba adicada? E hoxe, que alberga?

ENTREGA DURANTE A FINDE. APUNTAAAAA

luns, 13 de abril de 2020

O CASTRO DE SANTA TREGA

Un 6 de febreiro de 2013 nacía este blog. Xa pasaron uns cantos anos. Foron moitas as nenas e nenos coma vós que desfrutaron del. Agora que hai máis tempo, quero recordar esa primeira entrada...adicada como non ó nome do propio blog...
Ó PÉ DO CASTRO...
Castro? que castro?. Estando na Guarda por suposto que nos referimos ó CASTRO DE SANTA TREGA (Clica)  que ensinamos en IMAXES (Clica)

Neste vídeo recréase a súa historia:



Nestoutro vemos como é hoxe dende o aire, cun dron...



E agora déixovos un enlace a un LIM que fixen eu naqueles anos...
O CASTRO DE SANTA TREGA 

 Tedes máis información neste enlace:
GALICIA MÁXICA . CASTRO DE SANTA TREGA

POÑEDE ATENCIÓN A TODA A ENTRADA...PRONTO VOS PEDIREI UN PEQUENO TRABALLO DESTO QUE ESTADES LENDO E FACENDO.

O castro sen dúbida é o noso orgullo, o orgullo de todas as guardesas e guardeses. Prontiño poderemos visitalo!!!!

sábado, 19 de xaneiro de 2019

A GUARDA ESCRITA NAS ESTRELAS

Aquí queda en vídeo o pintado do espigón da nosa vila no que támen nós participamos activamente.

Felicitacións ós deseñadores  Alberto Brandon e Nuria Villa, por un traballo moi ben feito!!!!


venres, 2 de marzo de 2018

A GUARDA DENDE O AIRE

Vivimos nun pobo ben fermoso!!! Aquí vos deixo imaxes distintas...gravadas dende o aire , desde un dron (aeronave non tripulada e gobernada por control remoto ou automático)



mércores, 8 de xuño de 2016

E FALANDO DE CÓMICS....UN DEBUXANTE GUARDÉS!!!!

Este é ALEJANDRO GERMÁNICO, un xoven  guardés que se adica a....debuxar cómics. Foi alumno deste colexio. Para coñecelo un pouco, aquí vos deixamos unha pequena entrevista feita por INFOMIÑO:

                 ENTREVISTA

                                    E aquí un enlace ó seu traballo:

                                     OBRA DE XERMÁNICO

domingo, 22 de maio de 2016

ALFOMBRAS FLORAIS

Coa celebración do día do Santísimo adórnanse as principais rúas da Guarda. Durante toda a noite do sábado os veciños da vila realizan as alfombras florais. Estas son visitadas pola xente da Guarda e da comarca durante a mañá do domingo antes de que teña lugar a procesión do Santísimo.


Esta festa será este domingo e como ven sendo costume das profes, volven a convidarvos a coñecer a nosa historia. Así que clicamos neste enlace:

para coñecer moitas cousiñas que, seguro que non sabiades.

martes, 1 de marzo de 2016

DOCUMENTAL RODADO EN CAMPOSANCOS

Tráiler oficial "15 PESETAS POR FRETE"

"15 Pesetas por Frete" é o proxecto de final de curso de 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo.

Este documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida.

O documental "15 Pesetas por Frete" mostra cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, na zona de Camposancos. Espérase que se estrene a mediados de marzo en Camposancos.

sábado, 24 de outubro de 2015

ACHÁDEGO NO MONTE SANTA TREGA

Nas escavacións de MERGELINA no poboado castrexo do monte Santa Trega que visitamos o outro día, encontraron algo!! Segundo di o arqueólogo que dirixe a escavación, Rafael Rodriguez, trátase dunha cabeza duns 15 cm de alto na que están perfectamente definidas, ollos, nariz e ata orellas. 

Trátase dunha cabeza cortada polo que se mantén a expectación de se estará soterrado o resto da escultura. Segue explicando o arqueólogo que nas Galias, empregábanse as cabezas cortadas dos inimigos para pedir a protección dos guerreiros e antepasados por se os atacaban, situándoas á entrada dos poboados. Despois, comezaron a tallalas en pedra e esta parece ser a escultura dun guerreiro.


 Aquí vos deixamos as imaxes, para que non esquezades o importante que é coñecer e valorar o noso, a nosa historia!!!!






xoves, 24 de setembro de 2015

ANDAINA POLO LITORAL DA GUARDA

Xa sabedes canto insistimos as profes en que debedes coñecer o pobo onde vivimos. Sempre que atopamos algo da Guarda, gústanos poñelo no blog para que o vexades, vós e as vosas familias.

Pois isto foi o que atopamos para que o disfrutedes na HORA DE LER. Ide lendo e pinchando nos enlaces que atopedes, seguro que aprenderedes algo novo.


venres, 5 de xuño de 2015

O TRAXE TRADICIONAL GALEGO


Imos ver  en imaxes como é un traxe tradicional galego feminino. Explícao estupendamente esta rapaza: MENCÍA GONZÁLEZ. Atent@s....




Agora en imaxes, clica:

TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS DE HOME E DE MULLER

RESUMINDO:

Aquí tedes máis información:


mércores, 18 de febreiro de 2015

O CASTRO DE SANTA TREGA DENDE O AIRE


Xa sabedes que nos gusta saber cousas do noso fermoso pobo; así que, cando acontece algo novo, publícamolo! E aquí vos deixamos unhas imaxes do noso castro...gravadas dende un DRON(aparello voador non tripulado)


Como xa sabemos que sodes moi curiosos, aquí queda información para que saibades...



mércores, 4 de decembro de 2013

COÑECENDO O NOSO: CASTELO DE SANTA CRUZ


Tal como di o cartel, ábrese ó público o CASTELO DE SANTA CRUZ que nós visitaremos proximamente. Seguro que vos encantará ler a información e visitar en familia este fermoso tesouro que temos no pobo.



domingo, 27 de outubro de 2013

COÑECENDO A NOSA HISTORIA

Hai unhas semanas fomos ó Centro Cultural a escoitar unha charla sobre o noso Patrimonio do mar: oficios e profesión relacionadas co mar, algúns xa desaparecidos e outros a piques de facelo. Onte, presentouse este vídeo que vos invitamos a ver con atención a vós e ás vosas familias porque nel encontraredes un pedaciño da historia do noso pobo, historia que debemos coñecer e gardar porque dalgún xeito, tod@s formamos parte dela.

         Documental "TESOROS VIVOS DO MAR" A Guarda                       


Tamén deixamos o enlace á páxina  PATRIMONIO DA GUARDA onde, sobretodo as familias, verán moitas cousas de interese, empezando por unha morea de fotas antigas nas que ó mellor ata saen eles, algún coñecido ou algún familiar.
E recordade que a historia dos pobos non se pode esquecer porque é a nosa propia historia!!


mércores, 6 de febreiro de 2013

Ó PÉ DO CASTRO

CASTRO... que castro? Estando na Guarda,por suposto, referímonos ó CASTRO DE SANTA TREGA (clica para saber máis...) un fermoso lugar que ensinamos en IMAXES.

Neste video, recréase a súa historia:



Nestoutro vemos como é hoxe:



Agora, un LIM (xa sabedes libriño interactivo con actividades) sobre O CASTRO DE SANTA TREGA . Se queres velo a pantalla completa, clica no rectángulo.


DESEXÁMOSVOS QUE DISFRUTEDES DO BLOG!