Amosando publicacións coa etiqueta Información ás familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Información ás familias. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de decembro de 2022

INFORMACIÓNS DA PROGRAMACIÓN DE NADAL

 O Equipo de actividades extraescolares fai chegar esta información para a organización das actividades de Nadal:


Volvo enlazar a entrada coas canción de Nadal e o vestiario que dererán traer:

                          FESTIVAL DE NADAL

domingo, 28 de febreiro de 2021

HOMENAXEANDO A XELA ARIAS EN FAMILIA

 A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias o Día das Letras Galegas de 2021. Destacou por ser autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida .Tivo relación coa Guarda porque aquí foi docente no IES A SANGRIÑA, recibiu homenaxes e a ela estaba adicado o "Certame de Poesía Xela Arias" convocado polo IES A Sangriña.

Dende o EDLG (Equipo de dinamización da lingua) contribuiremos en dita homenaxe, por iso queremos animar a todas as familias a efectuar unha gravación recitando unha poesía en galego e enviar un vídeo ao correo do noso centro antes do 30 de abril de 2021: ceip.asangrinha@gmail.com

 Ademais do documento gráfico deben remitir a seguinte autorización de feito que poidamos subir unha montaxe á páxina web cos seus marabillosos traballos.

XELA ARIAS. AUTORIZACIÓN

É unha oportunidade fantástica para enriquecernos de maneira conxunta!!

Animádevos!! 

Estamos ansiosas e ansiosos por recibir as vosas aportacións.

Con agarimo.

 O EDLG.

venres, 29 de xaneiro de 2021

ORDENADORES NA AULA

 Queridas familias:

Aquí deixamos un anaquiño do traballo das nenas e nenas...un pouco diferente, usando os ordenadores, algo que lles gusta e que se convirte nun xeito diferente de aprender...

Están xa un pouco velliños, tardan en cargar, a veces temos que reinicialos pero...Fomos aprendendo moitas cousiñas como veredes no enlace:                                                                                                  INFORMÁTICA

E seguiremos aprendendo!!!


domingo, 18 de outubro de 2020

MODIFICACIÓN HORARIO

Debido ó cambio de profesorado de Relixión, este será o novo horario nen@s...vixente desde mañá luns.
Reli/Valores cambia de día para o mércores e agrupamos dúas horas de mates para que as horas de lengua permanezan xuntas.

Atención á preparación do material diario para non ter despistes!!!!


 

xoves, 10 de setembro de 2020

CORONAVIRUS...INFORMACIÓNS PARA RECORDAR. NORMAS DO CENTRO


 Que é un coronavirus?

Os coronavirus son unha gran familia de virus que poden causar enfermidades tanto en animais como en humanos. Nos humanos, sábese que varios coronavirus causan infeccións respiratorias que poden ir desde o arrefriado común ata enfermidades máis graves . O coronavirus descuberto máis recentemente causa a enfermidade do coronavirus COVID-19.

Cal é a sintomatoloxía do COVID-19?

Os síntomas máis comúns inclúen febre, tose e falta de aire. Nalgúns casos tamén pode haber síntomas dixestivos como diarrea e dor abdominal. A maioría dos casos presentan síntomas leves: a infección pode causar pneumonía, falta de aire grave, insuficiencia renal e incluso morte. 

Cando se detectou o primeiro caso de coronavirus?

O novo coronavirus SARS-CoV-2 é un novo tipo de coronavirus que pode afectar ás persoas e detectouse por primeira vez en decembro de 2019 na cidade de Wuhan, provincia de Hubei, China.

Cal é a distancia mínima que se debe manter para evitar o contaxio de COVID-19?

A distancia interpersoal de 1,5 m é suficiente para evitar o contaxio por axentes patóxenos transmitidos por gotiñas respiratorias, nunha situación de conversa normal, con ambas  persoas paradas ou camiñando a un ritmo normal.

Que significa illarse durante a pandemia de coronavirus?

O illamento é unha medida importante que toman as persoas con síntomas de COVID-19 para evitar infectar a outros da comunidade, incluídos os membros da súa familia. O illamento prodúcese cando unha persoa con febre, tose ou outros síntomas de COVID-19 queda na casa e non vai ao traballo, á escola ou a lugares públicos. Podes facelo voluntariamente ou por recomendación do teu médico.

Cal é o beneficio de levar máscaras durante a pandemia de coronavirus?

As máscaras hixiénicas son un complemento ás medidas de hixiene e distanciamento físico recomendadas polo Ministerio de Sanidade no contexto da pandemia COVID-19. Cubren a boca, o nariz e o queixo .

Atent@ssssss


RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES:



E cal é o protocolo covid que seguimos no cole? Imos repasar as normas 

martes, 8 de setembro de 2020

NOVO CURSO 2020/2021

 Queridas nenas e nenos de 5º:

Rematan as vacacións...iniciamos un novo curso no que nada vai ser igual...sei que hai preocupación nas familias. Tamén a profe está preocupada...pero hai que ser positivos e pensar que todo vai saír moi ben!!!

O cole estará distinto...cheiño de sinais que nos permitan manter a distancia, frechas, círculos...cheo de xel e panos para a limpeza das mans. A aula tamén...distancia, xel, máscaras, ventás abertas... Debemos cumprir as medidas de seguridade. Debemos ser responsables por vós e polos demáis e cumprir con todos os protocolos.

Xunt@s imos afrontar este curso tan atípico con responsabilidade e gañas de facer as cousas ben porque ademáis no académico temos que aprender moooooitas cousas .

Aquí tedes unhas imaxes da aula:




Xa notaredes que as mesas están moi separadas...recordade que temos que gardar a distancia e tamén atoparedes uns puntiños indicando o lugar de cada mesa.
Tamén temos xel que usaremos varias veces, desinfectante para os materiais que usemos e panos de papel para limpar ese desinfectante.
Atoparedes os baños así...por cursos, de un en un e con semáforo...verde/vermello


Tamén vos espera este cartel tan chulo para empezar con bos propósitos:


E por suposto, a profe Mari tamén chea de forza para explicar todas as medidas que imos cumprir con moita moita responsabilidade.
Ánimooooo😍


mércores, 3 de xuño de 2020

INFORMACIÓN IES A SANGRIÑA

Mociñ@sssss:

 A orientadora do IES a SANGRIÑA, Ángeles Martínez, posto que non puidemos ir visitar o IES como estaba previsto, quere compartir con vós e as vosas familias esta información:
(Ide clicando no cartel para ver toda a información)

xoves, 21 de maio de 2020

USO DE MÁSCARAS E HIXIENE DE MANS

Ola nen@s:
Sería convinte ver estes vídeos coa familia. Sempre é bo estar informad@s.

Máscaras obrigatorias...


Mantendo unha boa hixiene de mans. Recordamos:


              Ánimoooo.Todo irá ben!!!!

luns, 23 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA A CONVIVENCIA

Acaba de nacer unha estupenda iniciativa da man dun grupo de mestras e mestres galegos.
 Chámase  AULAS GALEGAS. Varios dos recursos que levo colgado para as vosas fillas e fillos saqueinos de alí.

Pois o que vades ler tamén o vin nesa páxina. Espero que algo axude...

O confinamento na casa durante varios días, provoca problemas de convivencia e malestar psicolóxico.
Cómpre, entre todos e todas, gañar esta batalla tan complicada que se chama convivencia.
CLICA AQUÍ:  
Sen esquecer que...

luns, 29 de outubro de 2018

MOI INTERESANTES CHARLAS PARA AS FAMILIAS

Benqueridas familias:
 Deixo aquí o cartel dunhas charlas moi interesantes, relacionadas coa educación dos nen@s. Están organizadas polo Concello da Guarda e terán como ponente ó psicólogo ESTEBAN FIGUEIRIDO. A primeira...mañá martes...na Casa dos Alonsos.