Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de outubro de 2023

SANTIAGO DE COMPOSTELA:PARLAMENTO. XUNTA

Interesante saída a que realizamos o alumnado de 6º a Santiago de Compostela, a capital de Galicia.

A 1ª visita foi ó PARLAMENTO no Pazo do Hórreo. Alí fomos recibidos por un guía que nos fixo unha visita moi amena e instructiva. Fomos percorrendo o impresionante edificio cheo de obras de arte. Pasamos pola  Biblioteca cun número importante de libros, á sala das Letras Galegas, coas caricaturas dos autores ós que se lle adicou o día. Escoitamos parte das reunións que eran mantidas noutras salas e chegamos á fermosa  sala onde se reune o goberno galego.

A 2ª visita foi á Xunta de Galicia onde tamén percorremos parte das instalacións, parándonos en especial na sala onde se reunen os conselleiros e o presidente de Galicia.

Rematamos a visita na CIDADE DA CULTURA onde demos boa conta da comida que traíamos preparada.

Aquí deixamos as imaxes:

mércores, 8 de xuño de 2022

VISITA IES A SANGRIÑA

Asistimos a unha xornada de convivencia, que temos por costume facer no Centro na fin da primaria. E...como ese día está próximo, alá fomos.

Recibiunos a orientadora Ángeles Martínez no salón de actos:



Alí explicáronlles o funcionamento do Instituto: horarios, materias que van cursar...Todo isto que se ve na  presentación  coa petición expresa de que as familias visen o vídeo do final.
Logo chegou a vicedirectora, Nuria Vazquez que nos fixo unha visita guiada moi interesante polo IES. Fomos descubrindo de abaixo a arriba, patios, ximnasio, pavillón, laboratorios, aula de música, de plástica, Biblioteca, aulas de ciclos...
Unha visita moi interesante. Graciñas

luns, 22 de novembro de 2021

SAÍDA.ODAIKO PERCUSIÓN🎶

 Para celebrar o día de Sta Icía, patroa da música, asistimos no Auditorio de San Bento a unha celebración conxunta dos tres Centros de ensino públicos da Guarda ó concerto do grupo...                                      ODAIKO

Tratábase de achegarvos o ritmo, de xeito que vos gustase e con algo de humor.

 Mostráronnos diferentes instrumentos, clásicos e con obxectos tradicionais...Aquí están: 







Imos escoitalos neste vídeo:

GRACIÑAS POR COMPARTIR A VOSA MÚSICA CON NÓS!!!🎶

mércores, 27 de outubro de 2021

VISITA CASTRO SANTA TREGA

 Nun día espléndido, algo de néboa que logo despexou e acompañados da profe Linda e do profe Jorge iniciamos a subida... unha visita tan esperada que quedou aprazada desde finais do curso pasado polo mal tempo...alá imos...


Cerca do Castro paramos nun dos miradores e fixemos a fotiño de grupo...



A paisaxe é unha marabilla e gozamos moitoooo.

Xa arriba, paramos a merendar e descansar esperando polo noso guía , Javier Crespo, profesor de historia di IES A Sangriña...e comezou a explicación...


Moi atentas/os e preguntando cantas curiosidades nos ían xurdindo fomos aprendendo a historia do poboado castrexo. 
Como nos falou do CASTRO MERGELINA restaurado recentemente, dispuxémonos a visitalo e coñecer in situ o que nos estaba explicando. 



Moi contentas/os con esta experiencia, iniciamos a baixada ó cole...

FERMOSA EXPERIENCIA. GRACIÑAS!!!

xoves, 16 de xaneiro de 2020

CONTEMPLANDO O UNIVERSO!!!


Hoxe tivemos unha saída ....estrelada!!! E non, non tivemos que ir moi lonxe. Fomos ó pavillón onde estaba instalado...un planetario!!!

Alí estaba o guía que foi o encargado de conducirnos por unha viaxe espacial chea de sorpresas....



Indicounos como entrar, onde e como sentarnos...e alá fomos!!!



Primeiras imaxes...xa nos impactaron... tod@s moi atentos escoitando ...


 

 







e vendo...cos ollos ben abertos...




Comenzaron as explicacións....

                                              Os primeiros en estudar o universo... os chinos  logo os gregos...

As constelacións...




Novos descubrimentos para ver o ceo, o telescopio



A Vía Lactea co sol como centro




  

A Terra ...tan fermosa...

A Lúa...o noso satélite...






Imaxes da chegada á Lúa...


E...fin da viaxe!!!!Aplauso espontáneo polo que vimos e aprendemos!!!
MARABILLOSA EXPERIENCIA!!!