Asistimos a unha xornada de convivencia, que temos por costume facer no Centro na fin da primaria. E...como ese día está próximo, alá fomos.
Recibiunos a orientadora Ángeles Martínez no salón de actos:
Alí explicáronlles o funcionamento do Instituto: horarios, materias que van cursar...Todo isto que se ve na presentación coa petición expresa de que as familias visen o vídeo do final.
Logo chegou a vicedirectora, Nuria Vazquez que nos fixo unha visita guiada moi interesante polo IES. Fomos descubrindo de abaixo a arriba, patios, ximnasio, pavillón, laboratorios, aula de música, de plástica, Biblioteca, aulas de ciclos...
Unha visita moi interesante. Graciñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario