Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

sábado, 3 de febreiro de 2024

BATUCADA

 Se o tempo nos acompaña o vindeiro xoves 8 de febreiro entre as 12:00 e a 13:00 o alumnado do terceiro ciclo fará unha batucada pola vila (ata a praza de Avelino Vicente). Ademáis, algunhas aulas irán desfilando atrás da mesma.

 Dende o centro animámosvos a sair á rúa e apreciar o espíritu batuqueiro da nosa rapazada!!

Aquí queda a partitura que manda a profe Virginia para que poidades practicar!!!


mércores, 24 de xaneiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Xa está cerca unha festa coa que gozades moooitooo:


Aquí deixo as ordes do meco para toda a semana:

domingo, 5 de febreiro de 2023

O ENTROIDO EN GALICIA


VOCABULARIO DO ENTROIDO
 

 Vídeo explicativo do Entroido en Galicia.

CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba (Lugo)

 

Video que retrata os personaxes máis típicos do entroido galego:

venres, 3 de febreiro de 2023

ENTROIDO: A TRADICIÓN DA FARIÑA

 A tradición da fariña é do entroido ourensán en Xinzo de Limia.


As rúas volverán ser o escenario dunha batalla campal coa fariña como munición.

O entroido de Xinzo,Entroido, de Interese Turístico Internacional, arrinca  co seu tradicional 'Domingo Fareleiro' e prolongarase durante cinco semanas, converténdose así nuns dos máis longos e xenuínos de Europa.

A guerra de fariña, tingue o pobo de branco e supón o inicio deste particular entroido. Para participar o imprescindible é ter ganas de pasalo ben e unha vestimenta acorde coa batalla: roupa que non utilicemos asiduamente, calzado cómodo e, por suposto, unha lentes de mergullo que impidan que a fariña nos dane os ollos porque, neste día, non se respecta a ninguén, nin local, nin visitante.

Así é :

DOMINGO FARELEIRO EN XINZO DE LIMIA

martes, 15 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022 A SANGRIÑA

Coma xa ven sendo tradicional, a vindeira semana celebraremos, con todas as precaucións e gardando as medidas aplicadas polo protocolo COVID, o...


VOCABULARIO 

Dende o EQUIPO DE EXTRAESCOLARES, organizador do evento dannos estas consignas:

LUNS:

E ti...que queres ser de maior?

con OFICIOS E PROFESIÓNS comezaremos a nosa celebración.

 

MARTES:

En DEPORTISTA hoxe

teraste que convertir.

Cal queres ser?

 

MÉRCORES:

Érase unha vez

un cole cheiño de libros e contos...

Que PERSONAXE serás?

 

XOVES:

Brillarás coma unha estrela

con ese disfrace de ARTISTA.

Atrévete e brilla!!!

 

VENRES:

E para rematar...

do QUE CHE VEÑA BEN

poderás hoxer vir!!!

 

Coma traca final teremos en directo a queima do MECO!!!

venres, 12 de febreiro de 2021

IMAXES DO ENTROIDO 2021

 Tempos difíciles...ano complicado. A pesar de todo dende a escola queremos contribuír a que as nosas nenas e nenas teñan un pouquiño máis de alegría no medio de tantas noticias duras.

E...non coma todos os anos, iso si, tivemos entroido!!! Aquí deixo as imaxes...

LUNS


MARTES


MÉRCORES


XOVES


VENRES


domingo, 23 de febreiro de 2020

REMATAMOS O ENTRIODO 2020

Broche final ó entroido!!!!

Primeiro merendola compartida de algo de todo que trouxemos...


Logo... fotiñas chulas para o recordo antes do desfile...








E...baixamos ó patio...desfileeeee...
E...queimamos o MECOOOOO

xoves, 20 de febreiro de 2020

E CHEGOU O ENTROIDO...

Esta foi a semana do Entroido moi festeira e especial para nós...Seguindo as ordes do MECO fómonos disfrazando cada día...
 LUNS 17: Deportes
 “Se en forma queres estar
 Algún deporte deberás practicar”.




MARTES 18: Profesións
 “Mestr@? Perruqueir@? Futbolista?
 Trae algo para adiviñar
 ao que de maior te vas adicar!”




MERCORES 19: Superheroes e superheroínas.
 “Se deste día queres desfrutar
 en superheroe ou superheroína te deberás transformar”
  



XOVES 20: Día libre.
 “O xoves escolles ti!!!
 Do que che pete poderás vir!” 




sábado, 2 de marzo de 2019

ASÍ VIVIMOS O ENTROIDO 2019

Foi unha semana moi intensa. 
Comenzou o luns coa orde do noso Pepiño...algo nos ollos
E...así viñemos...

O martes... cubrimos a garganta...
Así...con bufandas, garavatas, collares..

Chegou o mércores...con algo na cabeza...
E trouxemos de todo...perrucas, sombreiros...

 Xoves!!! Disfrace total!!!
E cumprimos...así viñemos...


E...veu o venres e convertímonos en romanos e romanas...




Desfilamos no patio...con selfies incluidos...





FENOMENAL!!!!