venres, 20 de outubro de 2023

SANTIAGO DE COMPOSTELA:PARLAMENTO. XUNTA

Interesante saída a que realizamos o alumnado de 6º a Santiago de Compostela, a capital de Galicia.

A 1ª visita foi ó PARLAMENTO no Pazo do Hórreo. Alí fomos recibidos por un guía que nos fixo unha visita moi amena e instructiva. Fomos percorrendo o impresionante edificio cheo de obras de arte. Pasamos pola  Biblioteca cun número importante de libros, á sala das Letras Galegas, coas caricaturas dos autores ós que se lle adicou o día. Escoitamos parte das reunións que eran mantidas noutras salas e chegamos á fermosa  sala onde se reune o goberno galego.

A 2ª visita foi á Xunta de Galicia onde tamén percorremos parte das instalacións, parándonos en especial na sala onde se reunen os conselleiros e o presidente de Galicia.

Rematamos a visita na CIDADE DA CULTURA onde demos boa conta da comida que traíamos preparada.

Aquí deixamos as imaxes:

Ningún comentario:

Publicar un comentario