domingo, 22 de xaneiro de 2023

DÍA ESCOLAR DA PAZ 30 XANEIRO 2023


SADAKO E AS MIL GRULLAS DE PAPEL

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez  anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000  grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e  constrúes 1.000 grúas de papel ( papiroflexia), os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas.

É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira encartar 644 grúas de papel. Simbólicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no  Parque da Paz de Hiroshima.


ESTE É O VÍDEO: 



PALABRAS DE PAZ:



ACTIVIDADES VARIADAS 



Ningún comentario:

Publicar un comentario