martes, 12 de xaneiro de 2021

TRABALLANDO A PAZ

 

Despois de coñecer o que significa PAZ imos facer algunhas actividades:
1) Unha pomba facendo papiroflexia:

2) Caramelos/lambonadas/doces para a paz

Faría falta:

   -Un  rolo de cartón do papel hixiénico.

   -Un prego de papel seda, tamaño folio...ou o papel que elixa a profe Lorena (farédelo en plástica)

   -Unha etiqueta de papel.

   -Pegamento.

   En que consistiría a actividade?

 Cada un de vós envolvería o seu caramelo. Despois escribiría na etiqueta o nome do caramelo e os ingredientes. Serían ingredientes especiais, para suavizar e dar amor. Unha variante: tamén se pode poñer o nome do caramelo e que efecto exercería na persoa que o tomase, coma se fosen medicinais e  balsámicos. Farémolo nas horas de ler

O propio día da paz (Venres 29), levarédelo para a casa parta agasallar ás vosas familias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario