mércores, 9 de febreiro de 2022

JANE GOODALL

A vida de Jane  Goodall

Si vos gustan os monos, os chimpancés e os gorilas entón tedes que coñecer a apaixonante figura de Jane  Goodall. Esta británica é  primatóloga e antropóloga, é dicir, dedícase a estudar aos primates e o seu comportamento. 

Imos coñecer algo máis da súa historia para saber que a levou a ser un personaxe tan recoñecido.

Jane  Goodall naceu en 1934 en Londres (Reino Unido). Viviu a súa infancia e mocidade rodeada de animais e soñando con escribir sobre a fauna de África. Aos 23 anos viaxou a Kenia e despois a Tanzania. Alí tivo que investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes. Acompañada da súa nai e dun cociñeiro, plantou a súa tenda na selva e comezou o seu proxecto. De feito, é un traballo que aínda hoxe non terminou, tras máis de 58 anos de investigacións sobre os primates. Tivo que viaxar coa súa nai porque as autoridades británicas non lle permitían vivir alí soa. Entre outras cousas, descubriu que os chimpancés constrúen e utilizan ferramentas para capturar  termitas e comerllas. Tamén descubriu que comen de todo, mesmo carne, xa que ata entón pensouse que eran  herbívoros. Por todo iso,  Goodall é a maior experta do mundo en chimpancés. Coñece a súa conduta ao detalle e no seu extenso traballo estivo acompañada doutros investigadores do instituto que leva o seu nome.

Jane  Goodall publicou xa máis de 26 libros, artigos científicos e participou en máis de 20 producións para cinema ou televisión. O seu traballo foi clave tanto para coñecer a vida  dos chimpancés como para conseguir que se respecte a estes animais e protexelos entre outros perigos da caza furtiva. É, de feito, unha das mulleres científicas máis importantes do século  XX. Recibiu máis de 100 premios internacionais, incluído o Premio Príncipe de Asturias de Investigación en 2003. Jane  Goodall sempre loitou para conseguir unhas mellores condicións de vida para os primates nos zoos de todo o mundo e contra o comercio ilegal e os experimentos con estes animais.

Imos debuxala para agasallala neste...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA

Aquí quedan moitas IMAXES e tamén CARICATURAS

Cal che gusta?

Ningún comentario:

Publicar un comentario