mércores, 15 de maio de 2013

17 MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS


     POR QUE SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?

         No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras Galegas.
         A proposta partira de tres membros desta institución: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. 
        Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.
         Ignorábase a data exacta de publicación do libro Cantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877) 

LETRAS 2013


 Adicadas a ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Para saber moitas cousas CLICA nas páxinas de BIBLIOPEPIÑO:



Feliz Día das Letras Galegas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario