luns, 2 de outubro de 2017

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!!

Onte pola mañá recibimos unha visita sorpresa!!!!


Os nenos e nenas de 5 anos acompañados do seu profe Jose, viñeron a expornos un tema sobre o que levan traballando varios días:
O ALZEIMER.

Mentras algúns se foron sentando pola aula, o grupo encargado de expor o tema situouse  diante para falar.

Dirixidos e axudados polo seu profe fóronnos contando todo o que sabían do tema...que era moiiiiitoooo.
 Os nenos e nenas de 6º, superatentos, escoitaban o que eses nenos tan pequenos sabían dun tema tan dificil.



Cando remataron...(ata nos contaron que foran de visita á Residencia dos Maiores e darlle uns abrazos que seguramente os reconfortaron moito) chegou o turno das preguntas e, os maiores fixeronlles unha chea de preguntas que...responderon estupendamente!!!!!
Foi un placer escoitalos. Dámoslles as grazas a tod@s e ó seu profe !!!!

Aquí deixamos máis imaxes:





CANTO APRENDEMOSSSSS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario