E seguimos preparando a moción que imos defender o 5 de decembro cando fagamos o Pleno Escolar.
Os dous cursos xuntos falamos e debatimos a moción que levaremos...xa podemos desvelar o título:
ITINERARIO ESCOLAR SEGURO...PODER IR Ó COLE ANDANDO CON SEGURIDADE!!
O venres visitamos o Concello para que o Secretario municipal nos explicase como funciona un pleno de verdade. Alí fomos recibidos polo Alcalde e pola Concelleira de cultura.
Aquí deixamos as imaxes...mentres seguimos preparándonos para defender a nosa moción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario