Este luns, tivemos no cole unha interesante charla a cargo do persoal GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal). Este grupo de persoas intervén en accidentes de tráfico, rescates no mar, incendios, retiradas de avispas velutinas....
Esta vez, viñeron ó Centro para falarnos do que faríamos nunha situación de risco no cole, no caso dun incendio.
Escoitamos moi atentamente o que nos estaban dicindo...
E, a curiosidade puido...cando nos invitaron a preguntar....unha chea de preguntas lles fixemos!!!!
GRACIÑAS!!!
CANTO APRENDEMOS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario