A nosa compi Helena estivo un pouco maliña. Leva uns días sen vir ó cole porque tivo un importante problema de saúde e tivo que estar ingresada no hospital.
Para animala e darlle a benvida, toda a clase lle preparou unha sorpresa. Dirixid@s polas máis amigas, EMMA, MÓNICA E LAURA prepararon unha chea de cousas nos días anteriores, nos recreos e nas horas de ler. Así fixeron postais, avións de papel, pancartas, carteis e...ata incharon globossss.
E chegou o día....cheiñ@s de ilusión colocaron todo:
E...en silenzo, dispuxémonos a esperar para que fose unha auténtica sorpresa...e foi iso, unha boa sorpresa...e se non ....observade a súa cariña...
Entre aplausos e bágoas, foron dándolle os agasallos...e...unha aperta colectiva, con coidado de non facerlle dano!
A profe...tamén moi emocionada e moi orgullosa de velos tan unidos e tan bos compis.
Benvida Helena. Querémoste!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario