Invitad@s polo Concello da Guarda, asistimos a unha charla que nos permitiu coñecer mellor un peixe que se pesca moito na nosa zona, a lamprea.
Nun día chuvioso... ata granizou! fomos camiñando ata a Casa dos Alonso. Alí esperaba Rosalía Verde, a técnica do Concello, encargada de introducir a charla cun pequeno vídeo. Logo presentounos a dous lampreeiros que nos foron contando moi amenamente como facían o seu traballo. Ensináronnos todo o papeleo que debian levar, as redes, as balizas de cores...e ata se vestiron tal como ían a pescar!!!
Ó rematar preguntamos as nosas dúbidas e...por fin, os que quixemos puidemos tocar unha lamprea que tiñan alí nunha peixeira.Sacárona e...mostráronnos os dentes!!!!
Foi unha charla moi didactica, aprendemos unha chea de cousas que non sabiamos e, de paso, coñecemos unha actividade que se desenrola no noso pobo.
Damos as grazas os pescadores que o explicaron moi moi moi ben e ó Concello da Guarda por organizar sempre cousas tan interesantes.
Aquí quedan as imaxes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario