domingo, 15 de abril de 2018

MULLERES DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras homenaxeou só tres mulleres en 54 edicións. 

Este ano será homenaxeada a 4ª.







O primeiro nome foi o da gran Rosalía de Castro, aproveitando que naquel ano se celebraba o centenario da edición da súa obra con máis sona "Cantares Gallegos".



Para que fose elixida a segunda tiveron que pasar 24 anos, cando no 1987 a escritora coruñesa Francisca Herrera Garrido, figura de gran relevancia no seu tempo cun importante legado literario recibiu tal honra.




María Mariño foi terceira muller a quen se lle dedicou o 17 de maio. Coruñesa, aínda que identificada co Courel onde residiu os últimos 20 anos da súa vida, recibiu a homenaxe no 2007, vinte anos despois de Herrera Garrido e 44 de Rosalía.



  Este ano temos outra muller.
Coñecerémola polo miúdo no vindeiro mes.


A Rosalía coñecémola moito. Todos os anos falamos dela. A homenaxeada deste ano traballarémola proximamente. Aquí vos deixo uns enlaces para coñecer ás demais, traballo que faredes en grupos de dous, expondo a súa vida e obra, incluíndo algo do que escribiron:







Ningún comentario:

Publicar un comentario