mércores, 6 de xuño de 2018

FOMOS A VER UN MUSICAL: ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA

Para completar a colección de saídas que levamos feito este curso, asistimos, xunto cos nosos compis de 2º, 3º e 4º á posta en escea dun musical en Vigo, na sala Ártika.



Se entramos na súa páxina SALA ÁRTIKA esto é o que nos di do musical:

Posúe a forza, a vitalidade e o atractivo dunha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias.
De esta forma resalta a importancia da autoestima; “A imaxe inflúe pero o verdadeiramente importante e ser ti mesmo”.
Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unhas moedas coas que mercar algo para comer.
Pero os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas.
Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen o consentimento desta.
Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que , sen sabelo, necesitáranse mutuamente.

Disfrutamos moitoooo . Rematamos a mañá en Samil onde merendamos antes de voltar ó cole.

Aquí están as imaxes:


Ningún comentario:

Publicar un comentario