mércores, 17 de outubro de 2018

RECREOS SEN PELOTA!!!

Hai xa algún tempo que o profesorado do Centro ven notando que no recreo ha moitos conflitos entre o alumnado derivados e provocados polo fútbol.

Así que, tivemos unha reunión e decidimos alternar a pelota en tres días , de xeito que a nós nos tocou os LUNS día de pelota e dous días sen pelota ningún grupo, martes e xoves.

Falamos na aula e propuxemos entre tod@s alternativas. Así quedou disposta para usar unha caixa con gomas, tabas, parchís, oca, tres en raia, damas... o que traigamos das casas ...canicas, trompos... e...os xogos que nunca aburren...escondite, carreiras, corda...

Resultou ser toda unha experiencia onde comprobamos que hai vida máis alá do fútbol e que tamén nos divertimos e, de xeito máis tranquilo e colaborativo con outras cousas.

Aquí deixamos as imaxes:







Ningún comentario:

Publicar un comentario