Levamos tempo inmersos nunha investigación sobre o CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA , na etapa que nos tocou...Poboa de Varzim-As Marinhas.
Antes de empezar, estivemos investigando o Camiño ó seu paso pola Guarda. E moi ilusionados fomos visitar o albergue Municipal.
Alí recibiunos a persoa encargada del, Antón Ferreira e iniciouse a visita. Un de nós, tocoulle a Andrés, fixo a inscrición por tod@s.
Antes de recorrer as instalacións, fixámonos nun mapa que había na entrada cheo de alfinetes cravados...indicaban a procedencia dos peregrinos...causounos moito asombro porque veñen de moitos lugares afastados...ata de China!!!
Despois comenzamos a recorrer o lugar...
baños e corredores...
os amplos dormitorios...e o que nos fixo máis ilusión...deixounos subir ás literas....
e, por último a cociña.
Logo regresamos á entrada onde lle preguntamos moitaaaas cousas que nos interesaban ás que Antón nos respostou unha por unha...e recibiu varios aplausos espontáneos xa que nos encantou todiño e o ben que se explicaba.
Rematou a visita entregándonos unha cuncha para pór na aula.
E..como non...as fotos de grupo...
Dámoslles as grazas a Antón e felicitamos ó Concello da Guarda por ter estas instalación tan chulas e coidadas!!!!!
Aprendemos unha chea de cousas. Unha grande experiencia!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario