Un día ben fermoso o de hoxe!!!! Tal como estaba previsto, fixemos todo o alumnado do Centro un anaco da etapa do Camiño de Santiago que pasa pola Guarda.
Provist@s da nosa acreditación que iremos sellando tres veces ó longo do Camiño, fixemos as primeiras fotos na aula...
E...partimos os primeiros grupos de 3º a 6º
1ª parada ...na Pasaxe onde esperaban un grupo de xente de Avelaiña que son habituais nas nosas actividades.
Ali esperamos polos nen@s de infantil, 1º e 2º que chegaron en autobús xa que son moi pequenos para andar tanto...
Dende alí...e seguindo as sinais, comenzamos a etapa...
Así chegamos ó medio de Camposancos e seguimos o noso camiño...
Pronto empezamos a ver unha zona verde moi fermosa que está en plena rehabilitación...o Aloque...
ó deixala atrás, chegou a hora da merenda común...que rica...tanto andar deunos fame e sede. Así que, tod@s buscamos un sitio para repoñer forzas...e facer a 2ª parada
E...últimas forzas para rematar a andaina...
Xa se ve o cole!!!!! 3ª parada e última...
Rematamos unha xornada diferente e de paso coñecemos algo máis o noso fermoso pobo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario