O próximo 27 de setembro celébrase a Folga Mundial polo Clima cun alcance global en defensa do futuro, dun planeta vivo e dun mundo xusto.
Unha folga que ten como obxectivo esixir aos gobernos medidas efectivas ante a emerxencia climática.
Esta crise climática é o maior reto ó que se enfronta a humanidade e, por este motivo e co fin de dar resposta á magnitude do problema, a sociedade está a coordinarse a nivel mundial.
Imos coñecela mellor GRETA THUNBERG
Ese día, recolleremos ó nosos afillados na súa aula e vestidos tod@s de cor verde de aí o nome...MARCHA VERDE, iremos o CASTELO DE SANTA CRUZ, alí encontrarémonos cos compis do Solanas e Sinde e leremos un manifesto que nos toca de facer ós de sexto por ser os maiores,plantaremos unhas landras para que nazan fermosos e vigorosos carballos e cantaremos a canción que está neste video...
E...faremos unha pancarta reivindicando o noso compromiso co planeta porque nós somos o futuro e temos que salvar o planeta!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario