mércores, 25 de setembro de 2019

MURAL DO OUTONO

O curso pasado iniciamos unha actividade que nos gustou moito a tod@s, mestres e nen@s...a decoración do cole na entrada faríamola por cursos dobles...compartindo as tarefas grupos altos con baixos.

Pois ben...este curso iniciamos esta tarefa unindo 6º con 1º A e comenzamos a nosa decoración outonal...moi moi orixinal e claro...reciclando como corresponde ó proxecto do Centro.
 Nós estivemos traendo briks de leite para outra actividade...ata que ás profes ocorriuselles transformalas nada menos que en xeitosos mouchos...así que...pintamos, recortamos e outras tarefas...
Unha fantástica experiencia para peques, maiores e mestras.

Aquí quedan as imaxes...falan por si soas...

 PINTANDO AS PARTES DO MOUCHO...




RECORTANDO AS PATIÑAS...


FACENDO AS PARTES DA ÁRBORE...


PEGANDO OLLOS E NARIZ...
  



COA PINTURA SOBRANTE...FIXEMOS OBRAS DE ARTE...



E ASÍ QUEDOU O NOSO MURAL.... 


Faltan cousiñas que iremos engadindo pouco a pouco...

MARABILLOSA EXPERIENCIA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario