luns, 28 de outubro de 2019

DEBATENDO!!!

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua chega unha nova actividade, novidosa e da que desfrutamos moito.

Dicir que levamos varios debates na aula para aprender a falar sen interromper, dando argumentos, tirando do fío do tema, respectando os turnos...e algo moi importante...en galego!!!! lingua na que nos expresamos peor.

Pronto subirei o vídeo para que vos vexades...de momento tivestes os parabéns das profes do Equipo de Dinamización e os da profe Mari que hoxe se sente moi moi orgullosa de vós xa que o fixestes realmente ....estupendo!!!! FELICITACIÓNS GRANDÍSIMAS!!!!


No salón de actos, tendo como público ós compis de 5º...un pouco nerviosiños...alá fomos!!!



Con micrófono incluído comenzou o debate...
TEMA: FÚTBOL NOS RECREOS.
Dúas filas enfrontadas, partidarios e detractores...
Pouco a pouco, nervios fóra, ambos grupo fomos expondo as nosas posicións...moi serios tal como vedes nas imaxes...











ORGULLOSA PROFE MARI DESTES NENOS E NENAS. PARABÉNS. SEGUIREMOS DEBATENDO!!!!
GRACIÑAS A DINAMIZACIÓN POR ORGANIZALO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario