- Os lexemas: son a parte invariable da palabra e achegan o significado léxico (o que podemos atopar no dicionario). Todas as palabras teñen sempre lexema.Así, nunha palabra como brazos o lexema encargaríase de transmitirnos o significado “cada unha das extremidades superiores do corpo humano” e estaría representado pola parte da palabra que non cambia cando formamos a súa familia léxica: brazo, brazada, antebrazo, braza... é dicir, braz-.
- Os morfemas: son a parte variable de palabra (o que non é o lexema) e achegan outro tipo de significado (que non se pode atopar no dicionario), máis reducido pero que tamén contribúe ao significado conxunto da palabra.Pola súa parte, diferéncianse dous tipos de morfemas:
- Morfemas flexivos (ou desinenciais): son os que expresan as categorías gramaticais (xénero, número, persoa, tempo...) e sempre van colocados ao final da palabra.Todas as palabras variables teñen sempre morfemas flexivos aínda que na palabra non haxa ningunha marca para identificalos.Na palabra brazo o –o indícanos que é masculino e a ausencia de –s que só é un e, polo tanto, que é singular.
- Morfemas derivativos : son os que se engaden ao lexema para formar unha palabra nova ou para matizar o seu significado. Dependendo da súa colocación con respecto ao lexema distinguimos:
- Prefixos: antes do lexema (des-facer)
- Sufixos: despois do lexema (zapat- eiro)
Así, unha palabra variable podería constar de todos estes elementos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario