A música galega está cheiña de fermosas cantigas que en realidade son poemas de grandes autores galegos.
Aquí vos deixo esta que escribiu ÁLVARO CUNQUEIRO...
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten aires de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario