Olaaaaa rapazada...un día máis para vencer ó virus...quedando na casiña!!!
Esto é o que se propón para hoxe:
Hoxe tamén quero propor algo para os maiores da casa...papi e mamis que vos coidan o mellor que poden. Para el@s vai a seguinte entrada.
Hoxe tamén quero propor algo para os maiores da casa...papi e mamis que vos coidan o mellor que poden. Para el@s vai a seguinte entrada.
Para vós:
1) En Mates: Hoxe imos volver ó enlace de matemáticas online e imos repasar o tema 5...Números decimais. Collede a vosa libreta por se tedes que consultar esquemas, un papel de recicle para operacións, clicade e...mans á obra!!!!
2) En Galego: Imos repasar o til diacrítico...collemos a libreta para ter cerca o esquema que debemos ler para refrescar o que xa sabemos, imos ó gadget de galego, ortografía ,til diacrítico, desplegamos e...a traballar. Podemos repasar oralmente os exercicios do libro.
3) En E.Física...un pequeno descanso para facer algúns retos do enlace de actividade física. Quen pode facelo comigo? Ou fágoo eu soa? Veñaaaa que hai que practicar!!!!
4) En C.Sociais: Onte fixemos o esquema da páxina 128. Hoxe imos ir á páxina 129. Taller de economía. Lede o exercicio con calma e elabora o teu presuposto na libreta. Seguro que saen cousas moi diversas e interesantes. Fíxate ben no que gañas ó mes , o que gastas fixo e varible e o que aforras. Ahhhh e non esquezades ir estudando os esquemas. Ánimo!!!!
5) En inglés: Podedes empezar co traballo que vos deixou a teacher
5) En inglés: Podedes empezar co traballo que vos deixou a teacher
E como chegou a primavera, remato hoxe co vídeo de VIVALDI sobre a primavera cheiño de imaxes que moi prontiño imos ver cando lle gañemos a batalla ó virus...
Ningún comentario:
Publicar un comentario