A profe Rosa mándavos dous vídeos para que practiquedes os contidos que fostes aprendendo coas instrucións para axudarvos nas prácticas:
OLLO: QUEDA O ENLACE ARRIBA, DEBAIXO DE VALORES.
1) Esta é unha canción básica que a tod@s nos gusta saber tocar. Dúas aclaracións antes de empezar:
1ª...As letras que aparecen na parte superior da partitura corresponden ás notas en inglés e...
2ª...Céntrate na viñeta da dereita na que se indica a dixitación alemana, que é a que necesitamos para a nosa frauta. A dixitación barroca corresponde a outro tipo de frautas, polo que non lle facemos caso.
No vídeo aparece unha demostración ao tempo habitual da canción e outra na que o fai máis lentamente para ir aprendendo.
Non desesperes... primeiro practica as notas por separado e logo por parellas intentando aumentar ata conseguir fragmentos máis longos.
Recorda que non podemos aprender a canción dunha atacada. Paso a paso….ata onde poidamos. Cada día repetimos para poder avanzar.
Ánimoooo
2) Aquí temos o vídeo que corresponde á canción que iamos intentar preparar para bailar, lembrádesvos?
Pois podemos ir familiarizándonos coa canción para memorizar as súas partes e movernos empezando polos pasos básicos cara adiante-atrás, esquerda-dereita que practicamos en clase, e sobre todo crear pasos novos!!!. Ánimooooo
Ningún comentario:
Publicar un comentario