LAND ART PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE....E iso que é?...Seguide lendo para descubrilo. Se vos apetece participar, podedes aproveitar a finde...
MAÑÁ VENRES 5 DE XUÑO É O DIA DO MEDIOAMBIENTE, UN DÍA MOI IMPORTANTE, PROPÓÑOVOS QUE FAGADES UN POUCO DE LAND ART!!!
O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artistícas en espacios naturais usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.
A proposta consiste en facer un tipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podemos usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.
Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.
A obra pode ser pequeniña ou moi grande!!! non hai límites
DESPOIS FACERLLE UNHA FOTO E A ENVIADES A lucilipa@hotmail.com
(unha foto soamente a mandala e a outra cos vós, @s artistas da obra).
Ningún comentario:
Publicar un comentario