mércores, 17 de xuño de 2020

RECOMENDANDO LECTURAS PARA O VERÁN

Non ía rematar o curso sen recomendar libros...xa sabedes o que insisto... En galego que o necesitades máis...hai de todo...atlas,cómic, cociña, aventuras, ecoloxía, misterio...o caso é ler...

Ahhhh e a BILIOTECA MUNICIPAL está aberta polas mañás, así que NON hai excusa.....
Pasa o verán cun libro na man!!!




Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión.

I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.

Aldara Anémona de Río. (Autora, Ilustradora). Edicións Xerais




Libro ilustrado pensado para as crianzas que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, celebracións, símbolos… Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo.

Aira editorial




"Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos", xa é hora de facermos algo". Pero, que?

Kalandraka

Patricia Mallo. Ed. Galaxia.

Son uns fantasmas un chisco peculiares.

Unha historia que se move ás veces polo máis acó, ás veces polo máis aló, pero sempre, sempre, no territorio da gargallada máis terrofífica...



Xerais.

Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.






En cocinando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes...

Diana Fernández Gómez/ David Díaz Díaz

Xerais.


Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade.


Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo...


Auga e lume, unha aventura trepidante a través dos tempos. Ed. Baia.



Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste?

Ledicia Costas. Xerais


Ningún comentario:

Publicar un comentario