luns, 21 de setembro de 2020

E-MAIL/CORREO ELECTRÓNICO

 O correo electrónico ou e-mail converteuse unha das grandes revolucións das últimas décadas. Como unha ferramenta de comunicación diaria, simboliza a inmediatez propia de nosa era dixital. Con todo, sendo diariamente un das canles de comunicación máis utilizados en todo o mundo, sabemos realmente como redactar un correo electrónico?


Propóñovos examinar as súas partes:

1) A dirección.
Nela atoparemos distintas “caixas” nas que poderemos introducir as direcións das persoas ás que enviamos a mensaxe. Deberemos escribilas sempre en minúsculas e sen acentos. E separalas entre elas por comas (co seu consecuente espazo).
2) O asunto.
Debe de ser curto e preciso. Un resumo exacto ou o tema principal do noso correo. Por exemplo: SAÚDO Á PROFE MARI.
3) O saúdo.
Se o coñecemos, e segundo o grao de proximidade que mantemos co receptor. Non será o mesmo dirixirnos ao receptor con “Querido Juan”, que con “Apreciado Señor García”. Se o grao de formalidade é baixo, tamén podemos utilizar saúdos máis habituais como “ola” ou “bos días”. É importante resaltar que sempre irá seguido de dous puntos ou unha coma.
3) Corpo do texto.
En primeiro lugar presentarémonos e seguidamente explicaremos o motivo do mesmo.
Logo expoñeremos nun segundo parágrafo o asunto real da mensaxe. Sendo breves, claros e directos. Ampliaremos información en parágrafos sucesivos, facéndoos coincidir cada un deles cunha idea: ordenando a información e alixeirándoa.
É importante coñecer que cada parágrafo non debería ter máis de 3 ou 4 liñas. E ademais deixaremos entre eles unha liña en branco, . Desta forma faremos os correos electrónicos máis lexibles.

4) Despedida.
É importante despedirse de forma tan correcta como nos diriximos no comezo ao noso destinatario. Faremos coincidir o grao de formalidade desta última parte co saúdo. Tendo presentes expresións formais como: Atentamente, Saúdalle cordialmente,Saúdos cordiais,Un saúdo, Un bico...
5) Firma.
Seguiremos as expresións de despedida co nome completo da persoa que escribe o correo electrónico.
Unha vez que as distintas partes da mensaxe están claras, cabe destacar que é importante coidar a ortografía e a gramática tanto coma se dunha mensaxe en papel se tratase. A inmediatez que nos permiten as novas tecnoloxías, provocou en moitos casos que esquezamos a corrección e mostremos as nosas peores habilidades na escritura. É importante revisar o correo de forma previa ao seu envío, e facer uso do corrector ortográfico (que en moitos casos evitará erros que puidésemos cometer sobre o teclado).
Outro apuntamento para ter en conta na contorna dixital: utilizar as maiúsculas para un corpo de texto interprétase coma se estivésemos a gritar.
E facer un uso excesivo dos coñecidos emoticonos pode restar importancia e seriedade á nosa mensaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario