Queridas nenas e nenos de 5º:
Rematan as vacacións...iniciamos un novo curso no que nada vai ser igual...sei que hai preocupación nas familias. Tamén a profe está preocupada...pero hai que ser positivos e pensar que todo vai saír moi ben!!!
O cole estará distinto...cheiño de sinais que nos permitan manter a distancia, frechas, círculos...cheo de xel e panos para a limpeza das mans. A aula tamén...distancia, xel, máscaras, ventás abertas... Debemos cumprir as medidas de seguridade. Debemos ser responsables por vós e polos demáis e cumprir con todos os protocolos.
Xunt@s imos afrontar este curso tan atípico con responsabilidade e gañas de facer as cousas ben porque ademáis no académico temos que aprender moooooitas cousas .
Aquí tedes unhas imaxes da aula:
Ningún comentario:
Publicar un comentario