FUNCIÓN DE RELACIÓN:
As plantas reaccionan ós cambios que acontecen ao seu arredor medrando ou movéndose. Por exemplo en outono perden as follas, en primavera saen as follas, ... moven as raíces buscando auga, as follas oriéntanse cara ó sol...
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN:
As plantas reprodúcense, é dicir teñen descendentes. A reproducción pode ser sexual ou asexual.
- Reprodución asexual: Unha parte da planta sepárase da planta principal, desenvólvese e forma novas plantiñas. Por exemplo os estolóns dos amorodos, os bulbos das cebolas, os tubérculos das patacas, as esporas dos mofos e os fentos, ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario