![]() |
A nena do vestido de flores
Fontemoura, Manuel. Aira Editorial.


MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA
Barbara Cantini. Tradución de Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González
Quen é o misterioso neno pantasma que desde hai días intenta entrar en Vila Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada… nin tan sequera o seu nome!
Patio de luces
Erica Esmorís
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?
Plan de rescate
Antía Yañez
INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN XERAIS
III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2020
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).
Ningún comentario:
Publicar un comentario