A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias o Día das Letras Galegas de 2021. Destacou por ser autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida .Tivo relación coa Guarda porque aquí foi docente no IES A SANGRIÑA, recibiu homenaxes e a ela estaba adicado o "Certame de Poesía Xela Arias" convocado polo IES A Sangriña.
Dende o EDLG (Equipo de dinamización da lingua) contribuiremos en dita homenaxe, por iso queremos animar a todas as familias a efectuar unha gravación recitando unha poesía en galego e enviar un vídeo ao correo do noso centro antes do 30 de abril de 2021: ceip.asangrinha@gmail.com
Ademais do documento gráfico deben remitir a seguinte autorización de feito que poidamos subir unha montaxe á páxina web cos seus marabillosos traballos.
É unha oportunidade fantástica para enriquecernos de maneira conxunta!!
Animádevos!!
Estamos ansiosas e ansiosos por recibir as vosas aportacións.
Con agarimo.
O EDLG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario