luns, 8 de febreiro de 2021

O SISTEMA NERVIOSO

 



O sistema nervioso está formado polo tecido nervioso. Este tecido está composto por unhas células, as neuronas, que teñen unhas prolongacións coas que son capaces de recibir e enviar mensaxes.
As neuronas teñen tres partes: · O corpo, onde se atopan o núcleo e os orgánulos.
· As dendritas, que son prolongacións grosas e ramificadas. A través delas, as neuronas reciben información dos órganos dos sentidos ou doutras neuronas.
· O axón é unha soa prolongación, máis fina que as dendritas. A súa función é transmitir información a outras neuronas ou enviar ordes a algún órgano do corpo. Os axóns únense con outros axóns para formar os nervios.


Ningún comentario:

Publicar un comentario