sábado, 20 de febreiro de 2021

UN ANO MÁIS "ROSALIÁMO...NÓS"

En febreiro temos unha celebración ben importante...



O vindeiro 23 é o aniversario do nacemento da nosa poetisa máis universal...
ROSALÍA DE CASTRO (24 febreiro de 1837).
E como cada ano imos cantarlle e coñecela un chisco máis, tal como di un dos seus poemas...

Cantarte hei, Galicia,

teus dulces cantares,

que así mo pediron

na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas.

 Da man dos nen@s máis pequechos imos coñecela un pouquiño...

Agora da mans dos máis maiores, coñeceredes máis cousiñas...

 

Nesta entrada doutros cursos que veremos con calma, hai recopiladas moitas das súas poesías...

CLICA: ROSALÍA

E...agora estoutras que recopilo para actualizar  recursos:

GALICIA

ADIOS RÍOS ADIÓS FONTES

Poema "Parece unha rosa" coas voces das nenas e nenos de educación primaria e educación infantil do ceip POUSADA-CARCACÍA

Nana "Ora, meu meniño".Evoéh presenta "Ora, meu meniño, ora" , un canto tradicional galego que inspirou a Rosalía de Castro para escribir o poema completo, que se recolle en "Cantares gallegos".

O Val das Mouras interpretando en directo su versión do poema de Rosalía de Castro

¿Por qué, miña almiña
¿Por qué, miña almiña,
por qué ora non queres
o que antes querías?

¿Por qué, pensamento,
por qué ora non vives
de amantes deseios?

¿Por qué, meu esprito,
por qué ora te humildas,
cando eras altivo?

¿Por qué, corazón,
por qué ora non falas
falares de amor?

¿Por qué xa non bates
co doce batido
que calma os pesares?

¿Por qué, en fin, Dios meu,
a un tempo me faltan
a terra i o ceu?

¡Ouh ti, roxa estrela
que din que comigo
naciche, poideras

por sempre apagarte,
xa que non pudeche
por sempre alumarme…!

 Follas Novas.


E agora, chegou o voso turno...
* Xa comenzamos a facer uns retratos de Rosalía que nos quedaron ben molóns, xa os ensinaremos...
*E agora collemos os ordenadores e o caderniño e...a desfrutar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario