A pesar de que o papel da muller foi evolucionando co paso dos anos, aínda moitas mulleres seguen sufrindo violencia machista e ven vulnerados os seus dereitos fundamentais e é bo que se entenda desde os primeiros niveis educativos. Por iso, imos aproveitar o 8 de marzo para traballar este tema en clase.
Sabemos que existe este día pero...coñecemos o motivo da celebración?
Aquí tedes unha imaxe vista na vila...para comentar.
As mulleres que recollemos neste artigo adiantáronse ao seu tempo con inventos que revolucionaron a ciencia, a medicina ou a tecnoloxía.
E aquí tedes mulleres galegas que destacaron en todos os ámbitos...
Agora é o voso turno...escolleredes unha de cada e poremos en común toda a información 💁
E ademáis faremos a nosa estrela🌟 favorita...
que será? Teredes que agardar a que o fagamos e o publiquemos...Gustaravos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario