O Trastorno do Espectro Autista ( TEA) é un trastorno do desenvolvemento que xa se manifesta durante os tres primeiros anos de vida e que perdurará ó longo da vida.

O obxectivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo é dar a coñecer estes trastornos para combater os prexuízos e a discriminación que afectan as persoas con autismo e conseguir a súa plena inclusión en sociedade.
Os síntomas do autismo poden dividirse en dous grandes grupos: as dificultades á hora de comunicarse e relacionarse con outras persoas, e a repetición de condutas, actividades ou intereses, a miúdo de forma obsesiva.
Os trastornos do espectro autista maniféstanse nos tres primeiros anos de vida e duran toda a vida. Aínda que non existe unha cura, os expertos sinalan que unha detección precoz pode axudar a tratar os síntomas e mellorar a calidade de vida.
Algúns exemplos de comportamento autista son: non mostrar interese polo que tes cerca, cousas e persoas , non establecer contacto visual, non expresar emocións a nivel facial, evitar o contacto físico, ter unha linguaxe limitada e literal (non entenden as bromas ou xogos de palabras)…. Aínda así, existen diferentes graos de TEA e as capacidades e síntomas poden variar moito en cada caso.
Nos casos máis graves, a falta de comunicación verbal é permanente e as persoas afectadas poden non chegar a comunicarse nunca con outras persoas.
A cor azul transformouse nun símbolo do autismo. Azul como o mar, moitas veces calmo, pero en ocasións turbulento, como ocorre con quen presenta esta condición.
Atent@ssss:
Podo aprender, podo traballar
Ningún comentario:
Publicar un comentario