Afecta a todo o levante peninsular, as illas Baleares, unha boa parte de Andalucía e Ceuta e Melilla. É un clima cálido con poucas choivas.
Ten tres variantes:
🔲 Clima mediterráneo costeiro (litoral ou típico).
Localizado en toda a costa mediterránea, Extremadura, as illas Baleares e o oeste de Andalucía.
CARACTERÍSTICAS:
☀ Temperaturas: altas no verán e suaves no inverno.
☔Precipitacións: escasas, concentrándose no outono e primavera. A estas zonas denomínallas a España seca. En ocasións prodúcense choivas torrenciais que provocan grandes inundacións (este fenómeno coñécese como pinga fría).
➤ Vexetación: É unha vexetación adaptada á seca, a maioría das plantas teñen follas pequenas e duras, para evitar que a calor evapore, a humidade que teñen, no verán. O bosque mediterráneo está formado por árbores de folla perenne, como as aciñeiras e o piñeiro.
🔲 Clima mediterráneo árido (seco).
Afecta o sueste de Andalucía e a rexión de Murcia.
CARACTERÍSTICAS:
☀ Temperaturas: suaves no litoral e extremas no interior.
☔ Precipitacións: escasas.
➤ Vexetación: Non hai bosques senón garrigas e plantas dispersas de especies como a pita ou o esparto.
🔲 Clima continental mediterráneo.
Dáse na Meseta, a Depresión do Ebro, parte do interior de Cataluña e Andalucía.
CARACTERÍSTICAS:
☀ Temperaturas: cálidas no verán e frías no inverno, debido á súa distancia da costa.
☔Precipitacións: escasas repartidas entre primavera e outono.
➤ Vexetación: É variada pero escasa. Podemos atopar zonas de bosques con carballos, sobreiras e haxas. A árbore máis característica é a aciñeira.
Nas zonas sen árbores podemos atopar unha vexetación de arbustos, herbas baixas e aromáticas (tomiño, romeu, lavanda…).
Ningún comentario:
Publicar un comentario